Golfinia

Ola, amigos! Son Golfiño e este é o meu país, Golfinia, unha civilización submarina que ata hai pouco mantivemos oculta da vosa vista, é dicir, dos humanos. Cando fixen catorce anos, co fin de comprobar se poderiamos darnos a coñecer e principiar unha relación entre iguais, vin vivir a terra firme. Nesta tarefa axiña involucrei a meu tío, Sire Lolo Golfón, hoxe embaixador plenipotenciario ante todas as nacións da Terra.