Lolo Golfón

O tío de Golfiño, Lolo Golfón, é o embaixador de Golfiñia ante as Nacións Unidas. Foi o encargado de informar os terrestres sobre a existencia dos seus parentes submarinos (que non son só os habitantes de Golfinia, como veredes se seguides as nosas aventuras) e, desde ese intre, de principiar relacións diplomáticas cos países da superficie. Por desgraza, a máis das veces a tarefa de Golfón consiste en presentar queixas –perante diferentes gobernos e organizacións internacionais– sobre o abuso que os humanos terrestres facemos dos mares.