Coloriños

Coñecido como o pintor máis rápido do mundo pola súa capacidade de plasmar nun santiamén, sobre lenzo ou papel, calquera situación que se desenvolva ante os seus ollos. Artista autodidacta, sorprendeu a crítica no seu día por unha serie de retratos de Golfiño, os primeiros en dar fe da existencia certa do misterioso personaxe que, ata daquela, todo o mundo consideraba froito do maxín doente dalgún debuxante de historietas.