Lombardini

Xulio César Lombardini Gorostizuloaga e Gómez da Rotonda, artista de orixe imprecisa –malia que o seu segundo apelido indica o seu ascendente vasco, algúns analistas inclínanse por unha orixe xenovesa do primeiro, mentres que outros opinan que naceu nalgún cruzamento de camiños ao pé de Burgos–, a súa obra enmárcase dentro da corrente do realismo ficticio. O destino converteuno en heroe, ao se enfrontar á invasión dos Cuacuánidos. Foi aí onde coñeceu a Golfiño e comezou para el unha vida de aventuras, bastante pesada, abofé.