Periquiña

É unha das primeiras amigas de Golfiño en terra firme, xunto con Pedriño e Laura, a nena que nunca fala. Periquiña ten unha banda de punk e unha crista de pelo verde, razón pola que lle fai graza alguén tan estraño como o noso protagonista. Cando nena viaxou con Golfiño á cidade de Golfinia, capital do país submarino, e animou os seus habitantes a dar a coñecer a súa existencia perante as nacións da Terra e a revindicar os seus dereitos como lexítimos donos dos mares. E todo isto a pesar da súa aversión polo peixe! A súa cadela Rita, unha terrier airedale, comparte piso con ela.